Inspiraciencia

Saturday, May 26th

Last update09:41:41 AM GMT

You are here: Microrelats Adults M A GA UCHRONIA LABS

UCHRONIA LABS

Correo-e Imprimir PDF
- ¡Ola René! ¿Como vai? Véxote pensativo…
- ¡Ola, Marie! Pois xa ves, descansaba un pouco, porque estaba tentando facer un experimento sobre a Lei de Murphy, pero cada vez que boto para o chan unha torrada con manteiga aparece o gato de Schrödinger e pápaa. Creo que vou acabar por pedirlle a navalla a Ockham, a ver se despois o micho se atreve a volver tan tranquilo por aquí... ¡ha ha ha!
- Non será para tanto, ho… ¿Sabes por onde anda Foucault?
- Pois dun lado para o outro, coma sempre… non para quieto. Mira a ver se anda no taller de mecánica con Isaac, e senón no salón, que tiñan Albert e Stephen unha partida de dados e igual foi aló.
- ¿E logo Thomas xa puxo unha lámpada nova no salón?
- Puxo, ho. Na de aceite que deixara Millikan só quedaba unha gota, así que instalou unha eléctrica.
- ¿E que dixo Nikola?
- Pois xa o podes imaxinar… que se hai outros modelos mellores, que se eses deseños son anticuados… bo é que pasou por alí Alessandro e a cousa non pasou a maiores. Se se puxeran a pelexar creo que só os podería ter separado Jane. E xa non che digo nada se chega a estar por alí Guglielmo, a que se armaba... seguro que habería quen vise as estrelas sen necesidade de telescopio.
- Por certo, falando de astronomía, ¿Leo segue enfurruñado con Johannes?
- Segue, pero a rivalidade entre eles xa aburre… a xente está máis pendente do traballo do señor Hubble e doutros.
- Para traballo, o que lle deron a Gordon de ordenar toda a biblioteca periodicamente… pero aínda así o home di que cada dezaoito meses rebaixará o tempo que lle leve á metade. Seique anda o Blaise meténdolle presión para que o faga tan rápido… como diría mister Boyle, que o acabe a todo gas.
- E se cadra é capaz… non lle gusta facer as cousas en dúas horas se pode facelas nunha. Se tivera que andar clasificando plantas e animais coma Carl ou rescollendo e plantando chícharos coma Gregor seguro que non tardaba en deixar esas tarefas.
- Todo sería programalas ben como fai Ada. Iso si, hai que ser moi constante, coma o doutor Jenner ou como Louis, que senón non saen as cousas adiante. En fin, vou logo para o taller. ¡Que vaia ben!
- ¡Veña logo! Saúdos para Pierre…
- ¡Serán dados! ¡Adeus!Share
28-10-2011_12-08-50 logoweb logo_icmab_azul-negro_horizontal-200 CSIC_WEB
log_hor logo_EE_2008 uccWEB BiblioPosCo-WEB
27-01-2012_13-58-22 galaxia escuela_escritores